Exposición Podes coñecer aquí un pouco máis da exposición que está activa no MUNCYT da Coruña. BenvidaGaliza na trata transtlántica (liña temporal)Esta liña do tempo recompila os fitos históricos que explican como A Coruña se converteu nun porto implicado no comercio negreiro. Un percorrido polas relacións entre poder, economía e colonización que axudan a entender as raíces dun sistema global de desigualdades que aínda perdura.Galiza na trata transtlántica (mapa)Este gráfico amosa o fluxo de expedicións de trata escravista embarcadas desde portos galegos entre 1800 e 1867, as paradas en diversos países da costa africana para o secuestro de persoas e as viaxes cara as colonias americanas onde foron vendidas e escravizadas. Algunhas desas persoas cautivas chegaron a desembarcar en cidades coma A Coruña ou Vigo.Mapa do Reino de Galicia, ca. 1600 Gallaecia RegnumMapa gravado en cobre, coloreado a man. Representación planimétrica do reino de Galicia a comezos do século XVII, inclúe o trazado da hidrografía, así coma unha serie de símbolos referidos a vilas, monumentos relixiosos e faros. Obra en dominio público disponible na Biblioteca Dixital de Galiza.Plano da Coruña, ca. 1639 Plano da Coruña de Juan Santans y Tapia, realizado en 1693. Considerado o plano máis antigo da Coruña. Conservado no Arquivo Xeral de Simancas, reprodúcese aquí a copia do orixinal feita en 1847. Representa a cidade fortificada — “o real presidio e cidade de La Coruña” — co seu porto, murallas e elementos defensivos existentes naquela época. Cedido por: Arquivo Xeral Militar de Madrid. Obra cedida por: Biblioteca Virtual de Defensa.Debuxo da Coruña por Pier María Baldi, 1669A vista da Coruña debuxada por Pier Maria Baldi en 1669, durante a súa viaxe pola Península ao servizo do príncipe Cosme III de Médici, constitúe unha das representacións máis antigas e detalladas da cidade. O debuxo amosa a configuración urbana e portuaria do século XVII, converténdose nun documento visual esencial para comprender a súa evolución histórica. Obra en dominio público.Mapa da Coruña, ca. 1625 De autor descoñecido, é considerado o plano coñecido máis antigo da cidade, representa a Coruña amurallada coa Torre de Hércules e o castelo de San Antón. Descuberto por Marisa Rey nos fondos de The National Archives, que o dataron arredor de 1589, aínda que varios investigadores locais ubícano arredor de 1625 en base á descripción e as construcións representadas. Obra cedida por: The National Archives.Elites implicadas na trata transtlántica Este mapa familiar mostra as conexións entre algunhas das principais familias burguesas coruñesas ligadas á trata e ao comercio colonial nos séculos XVIII e XIX. A través de parentescos, casamentos e sociedades mercantís, estes cláns construíron unha rede que sustentou parte da riqueza da cidade e deixou unha pegada duradeira na súa historia económica e política.Documentos relacionados (Cartas de liberdade, rexistros de compra venda…) Persoas escravizadas documentadas na Coruña.Persoas escravizadas documentadas na CoruñaPlano da Coruña en 1865 Nesta cartografía posterior, elaborada por Francisco Coelho en 1865, baseada nas súas follas do Atlas de España y sus posesiones de Ultramar (1848–1870). Obsérvase como A Coruña foi medrando e transformándose. Cada rúa e infraestrutura reflicte a influencia do comercio marítimo, das rutas coloniais e das dinámicas de poder que configuraron o seu espazo e a súa sociedade. Restaurada e cedida por: Arquivo Municipal da Coruña.Vista da Coruña, ca.1843 Vista da Coruña tomada desde a altura de San Diego. Litografía datada arredor de 1843 realizada por Enrique Luard. A panorámica amosa o casco antigo, o porto e as contornas urbanas dende o alto de San Diego, destacando a relación da cidade co mar e a súa condición fortificada, nun momento de transición cara á modernización do século XIX. Obra cedida por: Arquivo Municipal da Coruña.Cartografía da Coruña I Esta cartografía representa os principais espazos, elementos urbanos e personaxes vencellados á Coruña colonial e á trata transtlántica. A base é o Plano topográfico del Puerto Habilitado, Ciudad alta y baja de la Coruña, trazado polo arquitecto coruñés Felipe Gianzo de Zas en 1819. Obra cedida por: Biblioteca Virtual de Defensa.Cartografía da Coruña I Esta cartografía representa os principais espazos, elementos urbanos e personaxes vencellados á Coruña colonial e á trata transtlántica. A base é o Plano topográfico del Puerto Habilitado, Ciudad alta y baja de la Coruña, trazado polo arquitecto coruñés Felipe Gianzo de Zas en 1819. Obra cedida por: Biblioteca Virtual de Defensa.Cartografía da Coruña II Esta cartografía de detalle representa o ámbito dos cantóns, con foco na rúa Real, sinalando os principais espazos, elementos urbanos e personaxes vencellados á Coruña colonial e á trata transtlántica. A base é o Plano de reforma e ensanche realizado polos enxeñeiros Fernando Barón e Juan Yáñez en 1874. Montaxe e tratamento dixital do plano realizado por José Manuel Rosales Noves en 2022 para a edición revisada e ampliada do libro La ciudad a través de su plano. A Coruña de José González Cebrián Tello.Cartografía da Coruña II Esta cartografía de detalle representa o ámbito dos cantóns, con foco na rúa Real, sinalando os principais espazos, elementos urbanos e personaxes vencellados á Coruña colonial e á trata transtlántica. A base é o Plano de reforma e ensanche realizado polos enxeñeiros Fernando Barón e Juan Yáñez en 1874. Montaxe e tratamento dixital do plano realizado por José Manuel Rosales Noves en 2022 para a edición revisada e ampliada do libro La ciudad a través de su plano. A Coruña de José González Cebrián Tello.Persistencias coloniais no imaxinario colectivo Mensaxes que reproducen o racismo estrutural e legado colonial. Este espazo evidencia como os estereotipos e a xerarquización racial que sustentaron a escravitude continúan presentes no discurso social actual.Novas narrativasRecóllense aquí as voces e creacións de persoas e colectivos que reimaxinan a identidade galega e afrodescendente. A través da arte, da palabra e da acción social, estas narrativas desafían estereotipos e abren camiños cara unha sociedade máis xusta e diversa.