O proxecto
A Coruña entre memorias nace da necesidade de revisar criticamente a memoria colectiva da cidade, abordando as interdependencias entre Galicia e o mundo colonial e poscolonial

O proxecto explora a memoria colonial de Galicia na cidade da Coruña a través da investigación, a exploración urbana e a divulgación cultural. Cun enfoque interdisciplinario, analiza a pegada colonial na configuración urbana, económica e social, visibilizando o seu impacto na arquitectura, na toponimia e na memoria e identidade local.
A cidade da Coruña, como moitas outras do contexto europeo, está construída sobre capas de memoria que non sempre foron recoñecidas nin contadas desde todas as voces. As relacións coloniais, tanto materiais como simbólicas, deixaron unha pegada profunda na súa configuración urbana, na súa economía e nas súas representacións culturais. Con todo, estas conexións permanecen en gran medida invisibilizadas no relato oficial da cidade, reproducindo dinámicas de esquecemento e desigualdade histórica.
Neste contexto, “A Coruña entre memorias: historia, colonialismo e identidade” nace da necesidade de revisar críticamente esa memoria colectiva, abordando as interdependencias entre Galiza e o mundo colonial e poscolonial. A través da investigación, da exploración urbana e da creación artística e educativa, o proxecto propón un espazo de reflexión cidadá que permita recoñecer e resignificar esas herdanzas coloniais presentes no espazo público, na toponimia e nas prácticas culturais.
A Coruña: porto negreiro
Unha mirada crítica ao pasado colonial da cidade e ao papel que o seu porto desempeñou no tráfico transatlántico de persoas escravizadas
É precisamente nese marco onde se inscribe a exposición A Coruña: porto negreiro, unha das pezas centrais do proxecto, que propón unha mirada crítica ao pasado colonial da cidade e ao papel que o seu porto desempeñou no tráfico transatlántico de persoas escravizadas. A través de documentos, mapas e imaxes que abarcan entre os séculos XVII e XIX, a exposición reconstrúe as rutas, as relacións económicas, os silencios e as violencias que sustentaron as relacións coloniais e o crecemento das nosas cidades.
Este percorrido pola memoria colonial coruñesa convida a recoñecer as pegadas visibles, na arquitectura, na economía, no urbanismo, e tamén as pegadas invisibles, nos imaxinarios sociais, nos prexuízos raciais vixentes e nas desigualdades herdadas. A proposta interpela a cidadanía desde unha perspectiva crítica, feminista e antirracista: que historias foron narradas, cales silenciadas e quen pagou o prezo do “progreso”?
Desde esta mirada, a exposición non só busca recuperar datos e documentos, senón que abre espazos para novas narrativas creadas por persoas e colectivos afrodescendentes, artistas e activistas que hoxe reimaxinan o futuro común.
Equipo
Velaquí o equipo que está detrás de A Coruña entre memorias

A Coruña entre Memorias: Historia, Colonialismo e Identidade nace da vontade de levar o coñecemento e a investigación fóra da academia e poñelo ao alcance da veciñanza. Para Zinthia e Cristina, directoras do proxecto, investigar só ten sentido cando se fai en colectivo e cando serve para abrir preguntas que nos axuden a comprendernos mellor como sociedade.
O proxecto A Coruña entre Memorias: Historia, Colonialismo e Identidade e a exposición A Coruña: Porto Negreiro son o resultado dese proceso compartido e do apoio institucional que o fixo posible; sen el, moitas destas historias seguirían ocultas. O percorrido que aquí se propón convida a mirar o pasado colonial da Coruña con honestidade e a pensar, desde unha reflexión crítica e común, que cidade queremos ser no futuro.
Dirección do proxecto
Zinthia e Cristina comparten traxectorias distintas, pero tamén unha mesma maneira de entender o mundo: a certeza de que a historia non é neutral e de que é necesario cuestionar quen a contou, desde onde e con que silencios. Ambas comparten valores que as levan a revisar a súa propia posición dentro da sociedade e a defender que existen outras formas máis xustas, plurais e críticas de narrar o pasado. Para elas, reescribir a memoria non é un exercicio teórico, senón unha responsabilidade ética que implica abrir espazos onde emerxan as voces que durante séculos foron borradas ou deslexitimadas.
Ao longo dos últimos anos, ambas foron construíndo espazos para pensar a cidade desde os feminismos, as migracións, o urbanismo crítico, o antirracismo e a memoria silenciada.

Investigadora
Zinthia Álvarez Palomino
Zinthia, pola súa parte, vén da investigación, da acción comunitaria e da lucha antirracista. O seu labor sitúase na intersección entre memoria, identidade e xustiza social, acompañando procesos colectivos e impulsando proxectos que cuestionan o racismo estrutural e recuperan voces historicamente invisibilizadas. A súa mirada recoñece aquilo que a historia oficial deixa fóra e propón camiños para reescribirnos desde a dignidade.

Investigadora
Cristina Botana
Cristina chega desde o ámbito da arquitectura, o urbanismo e a xeografía, cunha longa traxectoria vinculada ao estudo do territorio, das desigualdades e das prácticas de resistencia que constrúen cidade desde as marxes.
Xuntas, como directoras do proxecto, deron forma a esta investigación e á exposición que a acompaña. A súa complementariedade, teórica, política e vital permiten un diálogo continuo entre cidade e memoria, entre documentos e vidas, entre o que foi e o que aínda resoa hoxe.
No proceso de traballo de A Coruña entre Memorias participaron outras personas, compañeiras e profesionais, cuio esforzo e colaboración fixo posible este proxecto:
- Comunicación e apoio á investigación: Yosehanna Ledesma Ramírez
- Deseño editorial e contidos: Fernando Pérez Barral
- Tecnoloxías educativas: Jorge Pérez Polín
- Fotografía e recursos audiovisuais: Daniela Gordillo
- Web do proxecto: Diego Jiménez Mirayo (Coma Comunicación Creativa)
- Cartografías: Iago Carro Patiño (Ergosfera)
O proxecto A Coruña entre Memorias: Historia, Colonialismo e Identidade e a exposición A Coruña: Porto Negreiro son o resultado dese proceso compartido e do apoio institucional que o fixo posible; sen el, moitas destas historias seguirían ocultas. O percorrido que aquí se propón convida a mirar o pasado colonial da Coruña con honestidade e a pensar, desde unha reflexión crítica e común, que cidade queremos ser no futuro.
Antecedentes
A Coruña conta cunha longa tradición de investigadoras e investigadores que teñen escrito, falado e dedicado incontables horas a analizar a presenza e o impacto do comercio de persoas negras na historia da cidade
O coñecemento non é autoxerado nin nace en soidade. Esta investigación tampouco é unha excepción. Antes de nós, numerosas persoas teñen estudado con rigor e sensibilidade a memoria colonial da cidade, e grazas ao seu traballo hoxe podemos sintetizar, visibilizar e compartir este proceso de indagación.
A Coruña conta cunha longa tradición de investigadoras e investigadores que teñen escrito, falado e dedicado incontables horas a analizar a presenza e o impacto do comercio de persoas negras na historia da cidade. Os seus esforzos permitiron abrir camiños, fixar preguntas e poñer sobre a mesa un pasado que durante moito tempo permaneceu silenciado.
Por iso é imprescindible recoñecer que este proxecto se constrúe sobre as pegadas de quen nos precedeu. Se foi posible realizar esta investigación en menos dun ano é porque persoas como Luís Alonso Álvarez, Rafael Lema, Consuelo Naranjo (…) e tantas outras compartiron, con enorme compromiso, o seu coñecemento e a súa experiencia de investigación. Contribuindo, ademais, desde a convicción de que o saber, cando se comparte, faise máis forte, máis sólido e chega máis lonxe.
Este traballo é, polo tanto, unha maneira de continuar esta liña de indagación e tamén un agradecemento ás investigacións e ás persoas que nos precederon. Sen toda esta memoria construída colectivamente, esta exposición non sería posible.
Bibliografía esencial da investigación
Principais fontes consultadas para a realización da presente investigación
Alonso Álvarez, Luis A trata galega de escravizados (III). A formación das primeiras fortunas, 1821-1835. En Praza.gal, xoves 30, outubro 2025
_(2025). A trata galega de escravizados (II). Aprendendo o oficio, 1815-1820. En Praza.gal, xoves 15, maio 2025
_(2025). A trata galega de escravizados (I). Os primeiros empresarios, 1789-1812. En Praza.gal, martes 25, marzo 2025
_(2024). A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX. En Praza.gal, venres 7, xuño 2024
_(2024). La participación de Galicia en el comercio transatlántico de esclavizados. Empresas y empresarios. Illes i Imperis, 26, 189–220.
_(2011). La economía de Galicia, una panorámica, c.1750-2010. Historia Contemporánea, 42, 15–66
_ (1994). Comercio exterior y formación de capital financiero: el tráfico de negros hispano-cubano, 1821-1868. Anuario de Estudios Americanos, LI (2), 75–92.
_(1986). Comercio colonial y crisis del Antiguo Régimen en Galicia, 1778-1818. Xunta de Galicia.
Alonso Álvarez, Luis, Lindoso Tato, Elvira, & Vilar Rodríguez, Margarita (2008). Construyendo empresas. La trayectoria de los emprendedores coruñeses en perspectiva histórica, 1717-2006 (Vols. I & II). Confederación de Empresarios de La Coruña.
González, M. Carmen. (2000). «Banco Pastor. Del salazón a las altas finanzas». En Fernando Ojea (Coord.), Grandes empresas, grandes historias de Galicia (pp. 94–101). La Voz de Galicia.
Bugallal, Isabel. (2013). Próceres y negreros. La Opinión A Coruña, 27, xaneiro 2013.
Burés Miguéns, María Teresa. (2006). «José Pastor Horta (1820-1877)». En Xoán Carmona Badía (Coord.), Empresarios de Galicia (pp. 86–107). Fundación Caixa Galicia.
García Pascual, Andrés. (2024). Los orígenes del Banco Pastor (Monografías Filatélicas 56). Subastas Europa.
Lema, Rafael (2016) Costa da Morte. Crónica Marítima. GRupo de acción local do sector pesqueiro Costa da Morte
_ (2016) A Coruña y el comercio de esclavos:Un gran puerto negrero. En Adiante Galicia abril 9, 2016.
Lindoso Tato, Elvira e Vilar Rodríguez, Margarita. (2011). El pulso empresarial entre el norte y el sur de Galicia: El caso de Pastor y Riestra (1776-1936). Historia Contemporánea, 45, 669–704.
_(2008). «La supervivencia de los comerciantes-banqueros coruñeses en un marco de creciente competencia: estrategias y resultados (1840-1936)». Revista Galega de Economía, 17(1), 217–248.
López Morán, Beatriz e Suárez Rodríguez, María de la O (2023). Modesta Goicouría, dama del liberalismo coruñés. Cornide. Revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Segunda época, (4), 69–120.
Manso Porto, C. (2024). La Casa de la Contratación de La Especiería de La Coruña: orígenes, emplazamiento y funcionamiento (1522-1529). Revista de Estudios Colombinos, 20, 23–42.
Meijide Pardo, Antonio (1972-1973). Censo de comerciantes coruñeses en los años de 1830 a 1845. Revista del Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, (8/9).
_(1984). Estirpes catalanas en La Coruña; J.V. Galcerán, hombre de negocios y político liberal (1765-1837). Pedralbes. Revista d´Historia Moderna, 4, 205–226.
_(1984). El puerto de La Coruña en el siglo XVIII. Editorial La Voz de Galicia.
_(1991). Eusebio da Guarda y el Instituto de 2º Enseñanza de La Coruña. La Voz de Galicia.
Ménard, Caroline (2012) “Un esclavo que se llama Antonio”: venta de dos esclavos asiáticos en Galicia a inicios del siglo XVII. Cuadernos de Estudios Gallegos, LIX, núm. 125, pp.. 233-244.
Pardo Gato, José Ricardo (Coord.). (2025). Da Coruña ás Molucas. V centenario da expedición de García Jofré de Loaysa (1525). Heroica odisea de desexos e frustracións. Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide.
Sánchez Rodríguez de Castro, M. C. (1992). El Real Consulado de La Coruña: impulsor de la Ilustración (1785-1833). Ediciós do Castro.

